Mediante a Resolución da Alcaldía nº 2024-1893, do 27 de decembro de 2024, aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o ano 2024, publicada no BOP nº 2, de 3 de xaneiro de 2025, no que se incluía, entre outras, a seguinte praza de persoal laboral:
Mediante a Resolución da Alcaldía nº 2025-0350, do 18 de maio de 2026, aprobouse a corrección de erros da citada oferta de emprego público, publicada no BOP nº 96, do 22 de maio, co seguinte contido:
Onde di:
«Persoal laboral:
|
Categoría laboral |
Núm. de vacantes |
Denominación |
|
Grupo I |
1 |
Técnico de turismo» |
Debe dicir:
«Persoal funcionario:
Grupo segundo artigo 76 e disposición transitoria terceira do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro: A1.
Clasificación: escala da Administración xeral, subescala técnica.
Denominación: técnico de turismo.
Número de vacantes: 1».
O que se publica para xeral e público coñecemento, nos termos previstos na lexislación vixente.
O Grove, 25 de maio de 2026
José A. Cacabelos Rico
Alcalde
