As bases específicas do proceso selectivo que se convoca para cubrir unha praza de persoal laboral fixo denominada operario/a de xardíns, a tempo completo, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría operario/a, polo sistema de oposición, quenda libre, incluída na oferta de emprego público do ano 2024, publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 234, do 5 de decembro de 2025, e o anuncio da convocatoria, no Diario Oficial de Galicia número 4, do 8 de xaneiro de 2026.
A alcaldesa ditou a Resolución da Alcaldía número 2026-1156, o 27 de marzo de 2026, pola que modificou o tema número 8 da base quinta do temario das bases específicas do antedito proceso selectivo. O anuncio desta modificación publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 92, do 18 de maio de 2026.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria mediante un extracto no Boletín Oficial del Estado.
Redondela, 18 de maio de 2026
Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa
