DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A27.43256.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 30 de xuño de 2025, e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizouse a María Josefina Cillero Chao a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 22 de maio de 2014, modificación que consiste no aumento do caudal concedido ata os 1.347 m3/ano, procedente dun manancial no lugar de Currás, na parroquia da Balsa (Santa María), no concello de Muras (Lugo), con destino a uso gandeiro.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións