De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 21 de novembro de 2025, e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle á Comunidade de Usuarios de Augas de Saiáns a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 5 de novembro de 2009, modificacións que consisten na realización dun novo pozo de barrena e unha diminución do caudal concedido, que pasaría a ser de 4.160,7 m3/ano, no lugar de Saiáns, na parroquia de Saiáns (San Salvador), no concello de Moraña (Pontevedra), con destino a abastecemento.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
