De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 25 de maio de 2026, e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle á Comunidade de Usuarios Monte do Souto a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 8 de abril de 2022, modificación que consiste na eliminación da captación dun pozo de barrena, no lugar de Pazos, na parroquia de Marcón (San Miguel), no concello de Pontevedra (Pontevedra).
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
