De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento que, mediante a Resolución da dirección de Augas de Galicia, do 22 de abril de 2026, e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle á CMVMC de Verducido-Xeve a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 3 de outubro de 2022, modificación que consiste no aumento do caudal concedido ata os 1.518,45 m3/ano, procedente dun manancial no lugar da Cacharela, parroquia de Verducido (San Martiño), no concello de Pontevedra (Pontevedra), e na inclusión do uso para abastecemento.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
