De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento, que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 14 de outubro de 2025 e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle á Comunidade de Usuarios de Sabarís-Marcón a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 17 de setembro de 2007, modificacións que consisten no cambio de denominación da comunidade de usuarios, que pasa a denominarse Comunidade de Usuarios de Sabarís-Pintos de Marcón, na eliminación das captacións numeradas como 1 e 3 da anterior resolución e a realización de dúas novas captacións, no lugar de Sabarís, Marcón (San Miguel), no concello de Pontevedra (Pontevedra), para aproveitar 4.118 m3/ano con destino a abastecemento e rega.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
