DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A36.51407.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento, que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 14 de outubro de 2025 e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle á Comunidade de Usuarios de Santa María de Ponte Sampaio a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución da Confederación Hidrográfica do Norte de España do 20 de novembro de 1986, modificación que consiste na inclusión de tres novas captacións, unha captación do río da Ponte Nova, e dúas captacións de dous mananciais, no lugar do Vilar, na parroquia de Ponte Sampaio (Santa María), no concello de Pontevedra (Pontevedra), para aproveitar 111.723,5 m3/ano de auga para abastecemento e rega.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións