De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento, que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 25 de setembro de 2025 e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle a Horticina, S.A. a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 6 de outubro de 2017, modificación que consiste no aumento do caudal concedido ata os 37.280,60 m3/ano, procedente de sete captacións (tres pozos xa existentes e catro balsas) no lugar do Alto da Mina, na parroquia da Barqueira (Santo Antonio), no concello de Cerdido (A Coruña), con destino a rega.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
