De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para o xeral coñecemento, que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 20 de novembro de 2025 e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle á Comunidade de Usuarios de Renque a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 2 de decembro de 2008, modificación que consiste no aumento do caudal concedido ata os 4.750,20 m3/ano, procedente dun manancial no lugar de Quintás, na parroquia de Prevediños (Santiago), no concello de Touro (A Coruña), con destino a uso gandeiro e doméstico.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
