DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A15.06701.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público para coñecemento xeral que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 21 de maio de 2026 e como resultado do expediente instruído para o efecto, autorizóuselle ao Concello de Teo a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 2 de xaneiro de 1991, modificación que consiste na substitución da captación do río Santa Lucía por outra captación no río Ulla, no lugar de Pontevea, na parroquia de Reis (San Cristovo) no concello de Teo (A Coruña), con destino a abastecemento municipal.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións