BDNS (Identif.): 911958.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911958
Primeiro. Persoas beneficiarias
Beneficiarase o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, apátrida ou en situación de protección temporal afectado polo conflito de Ucraína que manifeste o interese de realizar a preinscrición ou estar preinscrito/a en estudos de grao, máster universitario ou doutoramento no curso 2026/27 na Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é definir e pór en marcha unha política integrada de responsabilidade social que englobe a cooperación internacional, o voluntariado, a igualdade, a sostibilidade e a atención á diversidade, facilitándolles ás persoas en situación de refuxio e indicadas no punto 2.a) das bases da convocatoria a realización de estudos universitarios, preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución pola que se convocan bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, apátrida ou en situación de protección temporal afectado polo conflito de Ucraína no curso académico 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de vinte mil euros (20.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 11 de xuño ata o 30 de xullo de 2026.
Vigo, 10 de xuño de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Susana Reboreda Morillo
Vicerreitora de Extensión Universitaria
