A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 185/26, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
