DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS ROS805, CTC e instalación RC.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ROS805, CTC e instalación RC que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 2 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/497-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS ROS805, CTC e instalación RC.

Concello: Oia.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36036A015001970000QO

Descoñecido

2026/54/157

2

36036A016000340000QY

Descoñecido

2026/54/156