DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 34925

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 10 de xuño de 2026 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membro.

O artigo 77.2 da citada lei establece que serán persoas membro do Consello Social un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos, elixidos e elixidas polo Consello de Goberno da universidade de entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

A duración do mandato será a establecida polos estatutos da universidade.

Con data do 10 de xuño de 2026, a secretaria do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunica a designación dun representante do persoal docente e investigador; a designación dun representante do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos e a dun representante do estudantado no Consello Social da universidade. Xúntase a esta solicitude a certificación do acordo de nomeamento do Consello de Goberno do 29 de maio de 2026 e a declaración xurada de compatibilidade dos novos membros do Consello Social.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, que procederá ao seu nomeamento mediante orde da consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear, en representación do persoal docente e investigador no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, a Roberto Bande Ramudo en substitución de Francisco José Fraga López.

Artigo 2

Nomear, en representación do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, a María Lourdes Pérez González en substitución de Juan Oreiro Formoso.

Artigo 3

Nomear, en representación do estudantado no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, a Iván Castro Sánchez en substitución de Aitor Capeáns Caramés.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional