A que subscribe, Mª Mercedes Villanueva Ambroa, veciña do lugar de Pazos, parroquia de Borela, concello de Cerdedo Cotobade (Pontevedra), por este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. Esta asemblea terá lugar o 11 de xullo de 2026, ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria, no recinto da Capela de Pazos de Borela, coa seguinte
Orde do día:
1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da Comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que se axustar os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.
3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Borela, 26 de maio de 2026
Mª Mercedes Villanueva Ambroa
Presidenta en funcións da Comunidade de Usuarios de Augas A Cachada
