DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35128

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público do ano 2024.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza unha convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso-oposición, a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo:

– 1 praza de técnico/a de facturación (GII BII N8).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es na web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e mais na web www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 25 de maio de 2026

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo