No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 107, do 13 de maio de 2026, publícanse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de encargado de servizos múltiples (grupo laboral III-grupo funcionarial de equivalencia C1) por promoción interna mediante concurso-oposición.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Vilalba, 21 de maio de 2026
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
