DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35126

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO das bases e da convocatoria para a provisión de posto/praza de funcionario de carreira da escala da Administración xeral, subescala administrativa.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 111, do 18 de maio de 2026, publícanse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de administrativo da escala da Administración xeral, subescala administrativa, mediante oposición libre.

De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 21 de maio de 2026

Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa