A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 7 de maio de 2026 nomeou funcionarias de carreira deste concello a:
– Sonia Justo Míguez, con DNI ***1070**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– Cristina García Rosal, con DNI ***6454**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– Carolina Chávez Guerra, con DNI ***0250**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– Lara Ruibal Lois, con DNI ***6154**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes, contando desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.
Pontevedra, 19 de maio de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026 )
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
