DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35123

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases específicas e da convocatoria de prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 211, do 4 de novembro de 2025, publicáronse as bases xerais das convocatorias das prazas incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 97, do 26 de maio de 2026, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir dúas prazas de persoal funcionario de carreira (unha de auxiliar de arquivo, da escala de Administración xeral, subescala administrativa; e outra de técnico de cultura e deportes, da escala de Administración especial, subescala técnica) incluídas na oferta de emprego público de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Bergondo, 26 de maio de 2026

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa