DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de xuño de 2026 polo que se notifica a resolución de aprobación da liquidación provisional dos gastos de execución subsidiaria da orde de demolición do expediente IU3/96/2012.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 13 de maio de 2026, ditou resolución en relación coa aprobación de liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria da orde de demolición do expediente IU3/96/2012.

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares do documento nacional de identidade número M3200876N e 34552715E, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Esta resolución ten a consideración de mero acto de trámite, non susceptible de recurso nos termos do artigo 112.1 da LPAC, ao quedar suxeita a presente liquidación a unha ulterior e definitiva sen prexuízo de que, de consideralo oportuno polos interesados, se alegue oposición a ela, que será tida en consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística