DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación da explotación porcina de ceba existente ata as 2.498 prazas de porcos de ceba, en Vilarello, parroquia de Oseira, San Cristovo de Cea (Ourense) (expediente MR2026/003).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación de explotación porcina de ceba existente, ata a capacidade de 2.498 prazas de porcos de ceba, promovido por Ángel Fernández García, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026

Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias