O Pleno do Concello de Cerdedo Cotobade, en sesión ordinaria do 28 de maio de 2026, adoptou o seguinte acordo:
1. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións da vía pública entre Cerdedo e Caroi nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica redactada.
2. Publicar este acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, quedando o contido do plan á disposición do público na web do Concello http://www.cerdedo-cotobade.gal/
3. Darlle traslado á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, para a súa inclusión no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia. Publicar a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
4. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados, aos que xa se lles notificou a aprobación inicial.
Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.
Cerdedo Cotobade, 29 de maio de 2026
Jorge Cubela López
Alcalde
