No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 93, do 20 de maio, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que han rexer o proceso selectivo, polo procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira de seis prazas de administrativo/a.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas hanse publicar no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo.
Arteixo, 20 de maio de 2026
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente
