Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 7 de maio de 2026, resolveuse a modificación da convocatoria e das bases para a cobertura dunha praza de funcionario de carreira arquitecto técnico. OEP 2025 do Concello de Ames, aprobadas polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 9 de abril de 2026, ao advertirse un erro na base segunda por constar nela as funcións recollidas na RPT dunha praza de arquitecto/a técnico/a que xa está cuberta, e aprobar as bases rectificadas que figuran como anexo I para a selección e o nomeamento como funcionario/a de carreira dun/dunha arquitecto/a técnico/a pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2.
O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicáronse no Boletín Oficial da provincia da A Coruña, núm. 94, do 21 de maio de 2026. Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.
Ames, 1 de xuño de 2026
José Blas García Piñeiro
Alcalde
