A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión que tivo lugar o día 16 de abril de 2026, acordou a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas para reforzo de conexións viarias exteriores ao sector S-07 Venturiña.
De conformidade co disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no portal de transparencia deste Concello.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Ames, 15 de maio de 2026
José Blas García Piñeiro
Alcalde
