De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do emprazamento para o trámite de audiencia a José Luis López Vázquez, Armando Vázquez López e Manuel Vázquez López, dos que se descoñece o DNI, no recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/70/2021-RP1.
O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.
A persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que consideren pertinente.
Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
