De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada nos expedientes que se indican no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados neste departamento territorial.
Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas por si mesmas ou a través das persoas que legalmente as representen, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de 1ª Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 22 de maio de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expedientes: 2022/159-36, 2022/160-36.
Persoas interesadas: 77549240W e 35610160L.
Acto que se notifica: resolución administrativa do 23 de marzo de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.
