DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/86-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAG703 no tramo entre os apoios núms. 177 e 186, situada no concello da Veiga.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 3 de xuño de 2026

A directora territorial de Ourense
Por S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Mercedes Rodríguez Iglesias
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/86-3.

Instalación: Regulamentación LMTA SAG703 no tramo entre os apoios núms. 177 e 186.

Concello: A Veiga.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos: 22 de maio de 2026.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

2

Pena da Asgue

32084A048004130000RW

Descoñecido/a

3

O Porto

32084A048002370000RK

Descoñecido/a

4

Veiga

32084A045003820000RJ

Herdeiros de Daniel Abilio Vega Rodríguez (representa Olimpia Vega Palmeiro)

6

Traslaira

32084A045004240000RY

Descoñecido/a

7

Traslaira

32084A045004380000RD

Descoñecido/a

9

O Santo

32084A045005420000RE

Descoñecido/a