DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello da Arnoia (expediente IN407A 2024/82-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Liña MT soterrada en CT caseta 100 kVA Bacelo, na casa do concello da Arnoia, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 4 de xuño de 2026

A directora territorial de Ourense
Por S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Mercedes Rodríguez Iglesias
Xefa de Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/82-3.

Denominación: Liña MT soterrada en CT caseta 100 kVA Bacelo.

Concello: A Arnoia.

Entidade beneficiaria: Electra Alto Miño, Distribuidora de Energía, S.L.U.

Convocatoria:

Data: 24 de xullo de 2026.

Lugar: casa do concello da Arnoia.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

O Palomar

32004A023004850000PG

María Luisa Domínguez Vázquez

12.30