DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de xuño de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a incoación do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario 654/2024-CO e nove máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPACAP), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada, e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer:

No prazo de dez (10) días, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (en diante, BOE).

Na sede deste servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que estas persoas comparezan, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte a aquel en que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo, da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.

No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 1 de xuño de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Estrada

654/2024-CO

12473126L

AC-552 A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550), p.q. 72+300

221/2025-CO

32675020R

AG-64 Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 22+920

241/2025-CO

32739400G

AC-122 Cabanas (N-651)-A Gallada (AC-133), p.q. 2+200

286/2025-CO

E27277243

AC-221 San Pedro de Nós (N-VI)-Mabegondo (AC-542), p.q. 3+500

333/2025-CO

32410884C

AC-552 A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550), p.q. 80+500

347/2025-CO

B70059001

AC-308 Augasantas (DEPUT)-Noia (AC-311), p.q. 7+100

368/2025-CO

14574281D

AC-240 Burres (N-547)-Ponte Ulla (N-525), p.q. 23+650

414/2025-CO

60483020N

AC-161 As Angustias (N-VI)-Bergondo (AC-164), p.q. 1+800

489/2025-CO

76338749R

AC-552 A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550), p.q. 14+500

009/2026-CO

47386819B

AC-214 Guísamo (N-VI)-Sigrás (N-550), p.q. 6+500