O 7 de abril de 2026, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou a resolución do recurso potestativo de reposición no expediente CO-0214-2024.
Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade 55347188B, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
