DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda (expediente DH.A36.107800).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Beatriz Louzao Loureiro.

DNI: ***2948**.

Expediente: DH.A36.107800.

Volume total anual: 3.321,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,55 l/s.

Destino: gandeiro.

Orixe: x= 556513; y= 4724311; (fuso 29 ETRS89).

Parroquia: Graba (Santa María).

Concello: Silleda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación das augas dun pozo de barrena na parcela 36052A052000980000KZ para o abastecemento gandeiro na parcela 36052A052000460000KP. As conducións atravesan un camiño real entre a parcela de orixe das augas e a granxa avícola.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro