
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas esixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos –e en concreto, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular, consonte o seu artigo 34.2, no que se refire á visibilidade da orixe do financiamento; así como co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9–, dáse publicidade, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, ás actuacións contratadas que a continuación se indican, por razón do seu financiamento por parte da Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo de internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia (https://www.contratosdegalicia.gal), perfil que será, así mesmo, accesible no Portal web institucional da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no Portal de transparencia de Galicia (https://transparencia.xunta.gal), na Plataforma de contratación do sector público (https://contrataciondelestado.es) –por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas– e mais na web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS do emprazamento principal do servicio: ES112 Viveiro (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de melloras estruturais para a redución do risco de inundación da área de risco potencial e significativo de inundación (ARPSI) fluvial ES014-LU-170101, río Fontecova, Viveiro (Lugo) –obra con referencia de expediente AUG-2025-0119 e clave de proxecto OH.427.697–. Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (referencia de expediente AUG-2025-0173).
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 29.956,51 euros.
Importe total: 36.247,38 euros.
8. Valor estimado do contrato: 44.645,87 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (29.956,51 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/uais ordinaria/s prevista/s (14.689,36 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 8 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 4 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por mor de obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41 %), análise do documento técnico da obra (15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12 %), medidas para o impulso demográfico (10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (7 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 14 de abril de 2026.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 4.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 29 de abril de 2026.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, se for o caso, unión temporal de empresas (UTE): Incope Consultores, S.L.
14.2. NIF: B83665513.
14.3. Enderezo: r/ Antonio López, 249-3º D. 28041 Madrid.
14.4. Código NUTS: ES300.
14.5. Correo electrónico: incope@incope.org
14.6. Fax: 914 64 89 35.
14.7. Teléfono: 914 64 89 34.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada:
Importe neto: 25.448,06 euros.
Importe total: 30.792,15 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II («Infraestruturas e ecosistemas resilientes»), compoñente 5 («Preservación do litoral e recursos hídricos»), medida: investimento 2 (C05.I02) («Seguimento e restauración dos ecosistemas fluviais, recuperación de acuíferos e mitigación do risco de inundación»), submedida C05.I02b («Actuacións para mitigar o risco de inundación»), proxecto 01 (C05.I02.P03) («Actuacións para mitigar o risco de inundación»), subproxecto 13 (C05.I02.P03.S13) («Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia»); e contribúe á consecución do fito número 77 («Restauración das proteccións de leitos e ribeiras contra os riscos de inundación»).
O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, e cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación, que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á covid-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.
17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
– Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 21 de novembro de 2025.
– Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 17 de abril de 2026.
– Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 7 de maio de 2026.
Anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 8 de maio de 2026.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
