DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea Altin I.

Antecedentes:

1. O día 19 de decembro de 2025, María Emma Franco Iglesias e Alexandre Prol Franco solicitaron a autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea Altin I.

2. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Altin I.

Situación:

Cuadrícula núm.: 101.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Antonio Prol Prieto (***5797**) e María Emma Franco Iglesias (***3828**).

Novos titulares: María Emma Franco Iglesias (***3828**) (50 % pleno dominio e 12,50 % usufruto) e Alexandre Prol Franco (***6544**) (37,50 % pleno dominio e 12,50 % núa propiedade).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 4 de maio de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo