DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican resolucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural en relación coa zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz do Castrodouro-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 4 de xuño de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

32341591A

Resolución

32838695P

Resolución

47361393T

Resolución

46905285M

Resolución

32774409F

Resolución

32438354M

Resolución

33760363C

Resolución

34883067W

Resolución

33998840X

Resolución

33794143J

Resolución