DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de aprobación das bases de reestruturación parcelaria, do Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e de modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Viladonga (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento das persoas propietarias e demais interesadas na zona de reestruturación parcelaria de Viladonga (Castro de Rei-Lugo), declarada de utilidade pública polo Decreto 79/2021, do 29 de abril (DOG núm. 89, do 12 de maio), o seguinte:

Primeiro. Que con data do 28 de maio de 2026, a directora xeral de Desenvolvemento Rural acordou:

• Excluír do perímetro da zona de reestruturación parcelaria as parcelas 160, 161 e 162 do polígono 2.

• Aprobar as bases de reestruturación parcelaria da zona.

• Aprobar o Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria da zona.

Segundo. As bases de reestruturación parcelaria e a aprobación do Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria serán notificadas individualmente a cada unha das persoas propietarias e estarán expostas ao público no Concello de Castro de Rei e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos).

Terceiro. De acordo co que dispoñen os artigos 20 e 27 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación individual ou publicación substitutiva.

Lugo, 4 de xuño de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo