DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican a aprobación das bases da reestruturación parcelaria, o Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e a modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Riomol (Castroverde-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas que figuran no anexo, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou, o día 30 de marzo de 2026, a aprobación das bases de reestruturación parcelaria, o Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e a modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Riomol (Castroverde-Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, situadas na rolda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE

Contra o devandito acordo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas que figuran no anexo poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do seguinte á súa publicación no BOE.

Lugo, 3 de xuño de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

DNI/Nome

Número de titular

02889313F

18

14304907B

58

Horacio López Arrojo

93

José López Arrojo

93

Manuel López Arrojo

93

Virtudes López Arrojo

93