DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á aprobación de unidades de admisión de Pinus sylvestris e á súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución, que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No número 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.

O número 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o número 3 do mesmo artigo, que é modificado polo Real decreto 1120/2011, do 5 de setembro, no número 2 do artigo único indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, a efectuará o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal inscribirá o material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais forestais de reprodución das categorías seleccionada e identificada, conforme o disposto nos anexos III e II, respectivamente, do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, mediante a Resolución do 26 de maio de 2026, autorizou, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as unidades de admisión que aparecen relacionadas no anexo desta resolución, e realizou a súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución:

• Nove mouteiras de Pinus sylvestris seleccionadas por forma e pauta de crecemento da categoría material seleccionado, na provincia de Ourense.

• Dúas mouteiras de Pinus sylvestris da categoría material identificado, na provincia de Ourense.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026

Mª Luisa Piñeiro Arcos
Directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Pinus sylvestris L.

Nº rex.

Código autonómico

Código estatal

Pertenza

Rexión de procedencia

Localización

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

Obxectivo

Institución proposta aprobación MB

261

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/001

CMVMC de Prada

20 repoboacións de Galicia

MVMC Cobo e Lombo, Prada

Ourense

A Veiga

7°00'

01,104”W

42°19'

40,566”N

1050

1200

20,64

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

262

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/002

CMVMC de Arnuíde

20 repoboacións de Galicia

MVMC

San Mamede

e Medo,

Arnuíde

Ourense

Vilar de Barrio

7°33'

0,978”W

42°11'

51,648”N

870

920

4,03

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

263

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/003

CMVMC de Vilavella e Canda

20 repoboacións de Galicia

MVMC Zureira,

Serriña e Aguallal,

Vilavella

Ourense

A Mezquita

6°58'

20,228”W

42°1'

47,022”N

1.300

1.390

15,36

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

264

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/004

CMVMC de Riomao

20 repoboacións de Galicia

MVMC Biduedo e

Serra do Eixo,

Riomao

Ourense

A Veiga

6°59'

0,283”W

42°20'

17,562”N

970

1.060

8,91

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

265

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/005

CMVMC de Amiudal

20 repoboacións de Galicia

MVMC Amiudal

Ourense

Avión

8°17'

34,205”W

42°24'

18,205”N

710

770

6,40

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

266

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/006

CMVMC de Rebordechao

20 repoboacións de Galicia

MVMC

San Mamede, Rebordechao

Ourense

Vilar de Barrio

7°32'

08,549”W

42°10'

12,354”N

860

910

5,25

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

267

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/007

CMVMC de Lamalonga

20 repoboacións de Galicia

MVMC Carballa

Branca e Couto,

Lamalonga

Ourense

A Veiga

6°58'

14,406”W

42°17'

57,378”N

1.350

1.390

13,88

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

268

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/008

CMVMC de Meixide

20 repoboacións de Galicia

MVMC Serra do Eixo e Monte Mazaira,

Meixide

Ourense

A Veiga

6°54'

59,536”W

42°18'

14,793”N

1.260

1.370

21,53

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

269

ES/32/psy/2/20/2/2/2

RS-21/20/32/009

CMVMC dos Chaos

20 repoboacións de Galicia

MVMC

Os Chaos,

Cepedelo

Ourense

Viana do Bolo

7°01'

09,794”W

42°08'

36,452”N

1.310

1.350

3,06

S

R

Non autóctono orixe descoñecida

Produción de madeira

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

270

ES/32/psy/2/20/2/2/2

R-21/20/32/001

CMVMC de Lamalonga

20 repoboacións de Galicia

MVMC Carballa

Branca e

Couto (II),

Lamalonga

Ourense

A Veiga

6°57'

23,022”W

42°18'

27,880”N

1.300

1.390

4,00

I

R

Non autóctono orixe descoñecida

Silvicultura multifunción

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

271

ES/32/psy/2/20/2/2/2

R-21/20/32/002

CMVMC dos Chaos

20 repoboacións de Galicia

MVMC Os Chaos (II), Cepedelo

Ourense

Viana do Bolo

7°01'

03,386”W

42°8'

46,360”N

1.330

1.340

6,73

I

R

Non autóctono orixe descoñecida

Silvicultura multifunción

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

Nº rex: número de rexistro.

Alt.: rango de altitude.

Sup.: superficie.

Cat.: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

CMVMC: comunidade de montes veciñais en man común.

MVMC: monte veciñal en man común.

S: material de categoría seleccionada.

I: material de categoría identificada.

R: mouteira.