A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 184/26, en relación co proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
