DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2024/105-4 modificado).

Expediente: IN407A 2024/105-4 modificado.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC.

Concello: Vigo.

Feitos:

1. O 5.3.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC.

2. O expediente foi tramitado segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Logo da tramitación correspondente, o 28.10.2024, o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2024/105-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 26.11.2024, coas seguintes características:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 23 metros de lonxitude, coa orixe no apoio HV-250/11, A10EGRLV//D26-1, da LMTA TRO7012632, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto (CTC) a 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 6956213NG2765N0001AU, no camiño Balanciña.

– Retirada do centro de transformación intemperie Fonte Escura 36A988.

– A instalación está situada no camiño Balanciña, na parroquia de Candeán, no municipio de Vigo (Pontevedra).

3. O 8.8.2025 UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un proxecto modificado asinado pola enxeñeira eléctrica Carlota Martínez Rúa, colexiada 4776 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industrial de Vigo, e que contén un orzamento total de 64.450,25 €.

As modificacións consisten no cambio de situación do centro de transformación, que pasa a estar máis próximo á rúa de Barreiro, pero na mesma parcela. Ese cambio provocará unha variación na liña de media tensión e a substitución do apoio A10EGRLV//D26-1.

As actuacións previstas son:

– Retirada do centro de transformación intemperie Fonte Escura (36A988) de 250 kVA debido ao esgotamento da súa capacidade.

– Instalación dun novo centro de transformación de 400 kVA, compacto de manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, conectado á liña de media tensión aérea (LMTA) TRO701 mediante unha liña de media tensión subterránea.

– Desmontaxe de 15 metros da LMTA TRO701 en condutor LA-30 entre os apoios A10EGRLV//D26-1 e A1068W2A//D26-2-CTA.

– Retirada do apoio A1068W2A//D26-2-CTA e substitución do apoio A10EGRLV//D26-1 por un apoio HV-1000-R15, que terá a función de fin de liña e no cal se proxectará un paso aéreo subterráneo.

– Retirada do XS 36HZ44 situado no apoio A10EGRLV//D26-1.

– Retesado de 8 metros de condutor LA-30 entre o apoio existente A10IXFWL//D26 e o apoio proxectado.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 22 metros de lonxitude para alimentar o centro de transformación proxectado.

– No proxecto tamén inclúen a necesidade de contar con elementos provisionais durante a execución das obras proxectadas para manter o servizo eléctrico dos clientes da zona.

4. O 18.9.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou os acordos acadados cos titulares das parcelas afectadas, non sendo necesaria a declaración, en concreto, de utilidade pública para a instalación proxectada.

5. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) KAL+H16, de 22 metros de lonxitude, coa orixe no apoio HV-1000-R15, A10EGRLV//D26-1, da LMTA TRO7012632, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto (CTC) de 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado nas parcelas con referencias catastrais 6956212NG2765N0001WU e 6956213NG2765N0001AU, no camiño Balanciña.

– Retirada do centro de transformación intemperie Fonte Escura 36A988.

– A instalación está situada no camiño Balanciña, na parroquia de Candeán, no municipio de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC, expediente IN407A 2024/105-4 modificado.

2. Deixar sen efecto a Resolución do 28.10.2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2024/105-4).

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

Así mesmo, terase en conta o disposto no citado regulamento para as actuacións de desmontaxe proxectadas.

5. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– De ser o caso, a acreditación ou declaración de que a instalación non se atopa incursa nas prohibicións establecidas no artigo 13 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 1 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra