DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35552

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026 pola que se resolve parcialmente o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

A Axencia Galega de Innovación (Axencia), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Mediante a Resolución do 9 de abril de 2026 (DOG núm. 78, do 28 de abril) anunciouse a convocatoria de seis postos de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do Programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección da praza número 1 correspondente ao dominio ERC de Ciencias Sociais e Humanidades. Panel: SH6. O estudo do pasado da humanidade, de acordo co sinalado no artigo 13 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor do aspirante seleccionado.

Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, a persoa que se indica no anexo.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Praza número 1.

Dominio ERC de Ciencias Sociais e Humanidades. Panel: SH6. O estudo do pasado da humanidade: Marco Armiero (***8176**).

Bolsa ERC: Advanced Grant.