DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35551

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2026 (TR802Q).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do certame de cooperativismo no ensino e os premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, publicada no DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2026, establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación 2026.

Nestas bases reguladoras estableceuse que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitida a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 3 de xuño de 2026, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, do 3 de xuño de 2026, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2026 ás entidades que se indican a seguir:

• Premio aos valores cooperativos para Algalia, Sociedade Cooperativa Galega.

• Premio ao mellor proxecto cooperativo novo para Larega, Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil.

• Premio á traxectoria cooperativa para Xallas-Santa Comba, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social