DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35459

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de xuño de 2025 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro).

A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 2 de xuño de 2025, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 108, do 9 de xuño) e a Resolución do 2 de outubro de 2025 pola que se modificou (DOG núm. 198, do 14 de outubro).

Debido a cambios nas persoas que ocupan postos na Administración e comunicación da Confederación de Empresarios de Galicia, considérase oportuno modificar a actual composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os puntos 1.2, 2.1.1, 2.6 e 3.2 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 2 de xuño de 2025, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativos a presidentes suplentes e a vogais representantes da Administración, que pasa a ter a seguinte redacción:

1. Presidente/a.

1.1. Titular:

– Pablo Alejandro Amenedo Bermúdez.

1.2. Suplentes.

– Laura González-Dopeso Portela.

– Eduardo Suárez Campo.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– Laura González-Dopeso Portela.

– Mª Teresa Somoza García.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– José Antonio Neira Cortés.

2.6.2. Suplente:

– José Manuel Maceira Blanco.

3. Secretario/a:

3.2. Suplentes:

– Laura González-Dopeso Portela.

– Marta Figueiras García.

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade