DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35419

I. Disposicións xerais

Consellería do Mar

ORDE do 5 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento PE607A e PE607C).

O Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, ao abeiro das normas constitucionais, estatutarias e legais correspondentes, traspasa á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servizos da Administración do Estado en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras.

O Decreto 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, atribúe á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a ordenación, dirección e coordinación das atribucións que ten asumidas a consellería en materia de ensino e titulacións náutico-pesqueiras e de lecer.

O Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, entre outras cuestións, establece o marco normativo básico para a obtención dos títulos profesionais de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente.

Este real decreto, pola súa parte, establece no seu anexo III que o curso para a obtención do título de mariñeiro/a pescador/a deberá ter unha duración mínima de 23 horas, das cales 15 horas serán de teoría e 8 horas de prácticas.

A Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia, fixaba unha duración do curso para a obtención do título de mariñeiro/a pescador/a non inferior a 50 horas lectivas, das cales 35 debían ser de coñecementos teóricos e 15 de contidos prácticos.

No transcurso destes anos comprobouse que o establecemento, por parte da Comunidade Autónoma de Galicia, dunha duración mínima de 50 horas lectivas non se axustaba ás necesidades do sector náutico-pesqueiro e non resultaba competitivo.

Así, creouse un grupo de traballo formado polo profesorado dos centros públicos de ensinanzas náutico-pesqueiras dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co obxecto de analizar os coñecementos mínimos requiridos para obter o título de mariñeiro/a pescador/a. Finalmente, este grupo de traballo elaborou un novo programa do curso de mariñeiro/a pescador/a de 23 horas lectivas, cos coñecementos mínimos fixados no citado Real decreto 36/2014 e tendo en conta as necesidades e peculiaridades do sector na nosa comunidade autónoma.

Así mesmo, un dos retos no ámbito socioeconómico é a promoción da remuda xeracional e o impulso da entrada ao sector de novos/as profesionais, polo que se fai necesario adaptar os requisitos de acceso ás titulacións reguladas nesta orde ás distintas realidades dos profesionais do sector para garantir a continuidade da actividade pesqueira.

Para facilitar o acceso á formación introdúcense as seguintes modificacións:

Para o acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a non se exixe o requisito de ter cumpridos os 16 anos, este requisito exíxese na data de realización do exame ou proba libre. Substitúense os requisitos de acreditación de formación mínima mediante certificación de nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente da consellería con competencias en materia educativa ou certificado de ter superado un curso de alfabetización ou declaración responsable de ter coñecementos básicos de lectoescritura, por ter coñecementos básicos de calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, e faculta a entidade organizadora da formación para poder comprobar estes coñecementos mediante unha proba, sen a necesidade de solicitar as certificacións anteriores.

Así mesmo, para o acceso aos cursos de patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente non se exixe ter feitos os 18 anos de idade, este requisito exíxese na data de realización do exame ou proba libre.

Tamén se inclúe a posibilidade de matricularse nos cursos regulados na orde presentando como documentación complementaria copia do pasaporte, no caso de que o/a solicitante non dispoña de DNI ou NIE.

Tamén se regula a titulación necesaria para o profesorado dos cursos non impartidos nos centros dependentes da Consellería do Mar.

Finalmente, esta orde respecta os principios de boa regulación establecidos no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así, de acordo cos principios de necesidade, proporcionalidade, eficacia e eficiencia, esta norma explica os fins perseguidos coa súa aprobación, contén a regulación imprescindible para atender a súa finalidade, é o instrumento máis axeitado para garantir a súa consecución, e non impón cargas administrativas á cidadanía. Igualmente, en virtude do principio de seguridade xurídica, a norma garda coherencia co resto do ordenamento xurídico e, en cumprimento do principio de transparencia, identifícanse con claridade nela os obxectivos que se pretenden acadar e deuse participación á cidadanía e ás entidades representativas do sector no seu proceso de elaboración.

En consecuencia, en virtude das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo da consulta ao sector afectado,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é regular o procedemento para a obtención das titulacións profesionais náutico-pesqueiras de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento PE607A e PE607C).

Artigo 2. Requisitos para a obtención dos títulos profesionais

1. Os requisitos para a obtención dos títulos profesionais de pesca serán os seguintes:

a) Mariñeiro/a pescador/a:

– Ter feitos os 16 anos de idade.

– Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo III desta orde. A duración do curso non será inferior a 23 horas lectivas, das cales 15 horas serán de coñecementos teóricos e 8 horas de contidos prácticos.

– Superar unha proba de natación.

– Superar un exame teórico-práctico.

b) Patrón/patroa local de pesca:

– Ter feitos os 18 anos de idade.

– Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo IV desta orde. A duración do curso non será inferior a 250 horas lectivas, das cales 130 horas corresponderán á sección de ponte e común e 120 horas á sección de máquinas.

– Superar un exame teórico-práctico.

c) Patrón/patroa costeiro/a polivalente:

– Ter feitos os 18 anos de idade.

– Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo V desta orde. A duración do curso non será inferior a 600 horas, das cales 350 horas corresponderán á sección de ponte e 250 horas á sección de máquinas.

– Superar un exame teórico-práctico.

2. Tamén se poderán obter as titulacións reguladas nesta orde mediante a superación de probas de aptitude de carácter libre convocadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos nos anexos III, IV ou V, segundo corresponda. Para obter a titulación de mariñeiro/a pescador/a será necesario superar a proba de natación.

Artigo 3. Requisitos para o acceso aos cursos e probas libres

Os requisitos para o acceso aos cursos e probas libres serán os seguintes:

1. Mariñeiro/a pescador/a:

a) Declaración responsable de ter aptitude física para realizar unha proba de natación.

b) Ter coñecementos básicos en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, necesarios para superar o exame teórico-práctico.

2. Patrón/patroa local de pesca:

a) Ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente.

b) Posuír o certificado de educación primaria ou equivalente.

3. Patrón/patroa costeiro/a polivalente:

a) Ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente.

b) Posuír o certificado de educación primaria ou equivalente.

Artigo 4. Oferta formativa

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro facilitará o acceso aos cursos polos seguintes medios:

1. Cursos programados e organizados nos centros de ensino dependentes da Consellería do Mar.

2. Cursos programados e debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, organizados por entidades públicas ou por entidades privadas.

3. A formación poderá ser presencial ou mediante teleformación.

CAPÍTULO II

Autorización a entidades públicas e privadas para a organización de cursos de titulacións náutico-pesqueiras (procedemento PE607A)

Artigo 5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o ano.

Artigo 6. Forma de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I do procedemento PE607A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Ficha da actividade formativa cos datos máis relevantes do curso, onde se incluirán o lugar e a modalidade de impartición, un cronograma coas datas de realización, o/a docente ou docentes e a persoa responsable.

b) Titulación profesional do/da docente segundo os requisitos exixidos no artigo 22 desta orde.

c) Póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se impartan as actividades formativas e póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil do alumnado ou compromiso de remitilo con anterioridade ao comezo do curso.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante da entidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, efectuadas a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Emenda da solicitude

1. Os órganos responsables da tramitación das solicitudes comprobarán que estas reúnen todos os requisitos recollidos nesta orde. No caso contrario, porase de manifesto por escrito ás persoas interesadas para que nun prazo de dez (10) días hábiles remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para poder resolver o expediente, coa indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

2. En calquera momento do procedemento o servizo xestor poderá requirir a persoa solicitante para que remita aqueles datos ou documentos complementarios que resulten necesarios para a tramitación e adopción da resolución que proceda.

Artigo 12. Resolución

1. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico-pesqueiro emitirá resolución motivada pola que se outorgue ou denegue a autorización para a organización do curso.

2. A resolución de concesión emitirase e notificaráselles ás persoas beneficiarias no prazo máximo de tres (3) meses desde a data de presentación da solicitude. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender estimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 13. Obrigas da entidade autorizada para a organización de cursos

Unha vez autorizada a formación, a entidade terá as seguintes obrigas:

– Dar a adecuada difusión ao curso.

– Informar o alumnado sobre os requisitos de acceso.

– Recompilar e remitir á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a relación de alumnos/as e a documentación necesaria para a súa matriculación, a través dos medios habilitados pola Consellería do Mar.

CAPÍTULO III

Matriculación en cursos e probas libres para a obtención dos títulos de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente (procedemento PE607C)

Artigo 14. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será establecido na oferta formativa programada nos centros dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ou por resolución da mencionada dirección xeral.

Artigo 15. Forma de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II do procedemento PE607C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros de ensino correspondentes.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. No caso de solicitar a matriculación no curso ou proba libre de mariñeiro/a pescador/a, a persoa interesada deberá cubrir a declaración responsable do formulario de solicitude en que fará constar os seguintes aspectos:

a) Que ten coñecementos básicos nunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que ten aptitude física para realizar unha proba de natación.

Artigo 16. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Xustificante de aboamento das taxas (código 30.19.00) que outorgan o dereito á realización do exame, agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede electrónica, caso en que non é preciso achegar o dito xustificante.

b) No caso de solicitar a matriculación nun curso ou proba libre de patrón/patroa local de pesca ou patrón/patroa costeiro/a polivalente:

– Acreditación de ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente se se realizou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de educación primaria ou equivalente.

c) No caso de que o solicitante non dispoña de DNI ou NIE, copia do pasaporte.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros de ensino correspondentes.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 17. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

c) Acreditación de ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente cando se realizara na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 18. Taxas de exame

1. Ademais de presentar a súa solicitude, as persoas que desexen participar nos cursos e probas libres para obtención dos títulos de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente, deberán aboar a taxa correspondente.

2. O pagamento da taxa poderá realizarse de forma telemática ou presencial.

O pagamento telemático poderá efectuarse a través da sede electrónica como un paso máis habilitado dentro do procedemento, caso en que o xustificante xa se xera automaticamente.

Para realizar o pagamento de forma presencial, tamén se accederá á Oficina Virtual Tributaria para descargar un modelo en branco e cubrilo ou imprimilo xa cuberto grazas á aplicación; posteriormente, pagarase nunha entidade financeira colaboradora ou farase unha transferencia bancaria nunha entidade financeira non colaboradora. Así mesmo, o modelo en branco tamén se poderá solicitar nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia. Finalmente, achegarase o xustificante de pagamento.

O código correspondente á taxa é código 30.19.00.

O código correspondente ao procedemento é código PE607C.

Denominación da taxa: inscrición para a realización de probas ordinarias e extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO IV

Desenvolvemento dos cursos

Artigo 20. Asistencia aos cursos presenciais e número de alumnado

1. O número de alumnos/as estará condicionado á natureza do curso e ás capacidades da aula ou obradoiro.

2. A asistencia aos cursos por parte do alumnado será obrigatoria. Cando a ausencia supere o 10 % das horas lectivas será motivo de baixa no devandito curso. A baixa suporá a perda do dereito a participar no exame correspondente.

Artigo 21. Modalidade de teleformación

Os cursos regulados nesta orde poderán realizarse na modalidade de teleformación.

Os cursos de teleformación deberán permitir medir o rendemento ou o desempeño do alumnado, a través da súa avaliación e seguimento da acción formativa. Establecerase en cada resolución de autorización o rendemento mínimo exixible para a súa superación.

Artigo 22. Profesorado

O profesorado dos cursos regulados nesta orde deberá dispoñer de atribucións superiores ás que permitan a titulación do curso que se imparta, coa especialidade de ponte e/ou máquinas, segundo o caso, ou ser diplomado/a, licenciado/a ou graduado/a nos respectivos estudos da mariña civil, e pode ser auxiliado por outro persoal especializado.

Artigo 23. Inspección dos cursos

1. Co fin de garantir o nivel de calidade necesario no desenvolvemento dos cursos autorizados de acordo co capítulo II, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro establecerá un sistema de seguimento e inspección destes.

2. Para tal fin, os cursos poderán ser inspeccionados e supervisados por persoal funcionario da Consellería do Mar. O informe de cada inspección incorporarase ao expediente do curso.

Artigo 24. Exames

1. Para a obtención do certificado de aptitude das titulacións reguladas nesta orde, necesario para a obtención da tarxeta profesional, será preciso superar o correspondente exame.

2. Os/as alumnos/as que suspendan o exame poderán presentarse a unha nova convocatoria no prazo dun ano, logo de solicitude e pagamento das correspondentes taxas (código 30.19.00) que outorgan o dereito á realización do exame e logo de ser autorizado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

3. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, mediante resolución, poderá convocar anualmente, nos centros de formación dependentes desta, exames ordinarios de carácter libre para a obtención das titulacións recollidas nesta orde.

Artigo 25. Tribunais

1. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, por proposta da dirección do centro de ensino, determinará o lugar, a hora e a data do exame e nomeará o tribunal correspondente.

2. A composición dos tribunais das titulacións recollidas nesta orde será a seguinte:

a) Mariñeiro/a pescador/a: presidente/a, secretario/a e vogal. Un dos membros do tribunal, polo menos, deberá ter o título profesional de capitán/a de pesca ou patrón/patroa de altura ou o grao en Náutica e Transporte Marítimo ou equivalente.

b) Patrón/patroa local de pesca: presidente/a, secretario/a e vogal. Para a sección de ponte-común, un dos membros do tribunal, polo menos, deberá ter o título profesional de capitán/á de pesca ou patrón/patroa de altura ou o grao en Náutica e Transporte Marítimo ou equivalente. Para a sección de máquinas, un dos membros do tribunal, polo menos, deberá ter o título profesional de mecánico maior naval ou o grao en Máquinas Navais ou equivalente.

c) Patrón/patroa costeiro/a polivalente: presidente/a, secretario/a e vogal. Para a sección de ponte, un dos membros do tribunal, polo menos, deberá ter o título profesional de capitán/á de pesca ou patrón/patroa de altura ou o grao en Náutica e Transporte Marítimo ou equivalente. Para a sección de máquinas, un dos membros do tribunal, polo menos, deberá ter o título profesional de mecánico maior naval ou o grao en Máquinas Navais ou equivalente.

Artigo 26. Criterios de valoración

O tribunal valorará os coñecementos teórico-prácticos que a persoa aspirante acredite no exame, de acordo aos criterios de avaliación que figuran nos anexos III, IV e V desta orde.

Artigo 27. Certificados e actas de exame

Rematado o exame, publicarase no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar unha copia do exame coas respostas correctas, co fin de que a persoa aspirante poida comprobar o resultado do seu exercicio.

Unha vez corrixidos os exames, o tribunal fará públicas no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar as listaxes provisionais das cualificacións.

As persoas aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles desde a publicación no portal web de formación da Consellería do Mar para formular reclamacións ante o tribunal contra as listaxes provisionais das cualificacións.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o/a presidente/a do tribunal ditará resolución coas listaxes definitivas das cualificacións. Esta resolución será publicada no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.

Artigo 28. Recursos contra as resolucións do/da presidente/a do tribunal

Contra as resolucións do/da presidente/a do tribunal as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación das listaxes de cualificacións definitivas no portal web de formación da Consellería do Mar.

Disposición adicional única. Actualización de modelos normalizados

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, o/s modelo/s normalizado/s aplicable/s na tramitación do/s procedemento/s regulado/s nesta disposición poderá/n ser actualizado/s co fin de mantelo/s adaptado/s á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación do/s modelo/s actualizado/s na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estará/n permanentemente accesible/s para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogada a Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Publicación e entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Mariñeiro/a pescador/a

1. Identificación e duración do curso que dá acceso ao título.

1.1. Denominación: mariñeiro/a pescador/a.

1.2. Familia profesional: náutico-pesqueira.

1.3. Duración do curso: 23 horas.

2. Competencia xeral do título.

2.1. Exercer como mariñeiro/a en calquera buque de pesca.

2.2. Manexar e gobernar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 metros de eslora, dedicadas á pesca ou auxiliares de acuicultura, que operen exclusivamente dentro de augas interiores dos portos e teñan unha potencia adecuada á embarcación e sempre que non transporten pasaxeiros. Para exercer o mando, deberá ter realizado un período de embarque non inferior a 6 meses como mariñeiro/a en buques de pesca ou auxiliares de acuicultura, desde a data de expedición do título profesional de mariñeiro/a pescador/a.

2.3. Os contidos mínimos establecidos no anexo III do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, estarán distribuídos nos módulos formativos e nas prácticas que figuran a continuación.

3. Módulos formativos e temporalización sobre os coñecementos teórico-prácticos do curso de mariñeiro/a pescador/a.

3.1. Módulo formativo 1º. A embarcación de pesca (7 horas).

3.1.1. Concepto, coñecemento e denominación dos diferentes elementos e equipamentos do buque.

3.1.2. Goberno do buque, servizos de vixilancia e garda.

3.1.3. Operacións de carga e descarga.

3.1.4. Manobras do buque no porto.

3.1.5. Operacións de mantemento a bordo.

3.2. Módulo formativo 2º. O Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar (4 horas).

3.2.1. Regulamento internacional para previr as abordaxes (RIPA).

3.3. Módulo formativo 3º. A práctica dunha pesca responsable (3 horas).

3.3.1. Seguridade e saúde nas faenas de pesca.

3.4. Módulo formativo 4º. Manipulación e conservación dos produtos da pesca (1 hora).

3.4.1. A manipulación dos produtos pesqueiros. Prácticas (8 horas).

4. Criterios de avaliación.

O exame consistirá dunha proba tipo test de 30 preguntas con 3 posibles respostas.

A composición do exame tipo test será a seguinte:

10 preguntas correspondentes ao módulo 1º.

10 preguntas correspondentes ao módulo 2º.

5 preguntas correspondentes ao módulo 3º.

5 preguntas correspondentes ao módulo 4º.

Para superar o exame será necesario contestar axeitadamente 20 das 30 preguntas e non se admiten máis de 5 fallos nas preguntas correspondentes ao módulo 2. Ademais, deberá superar a realización dun exame práctico, onde se deberán executar correctamente 3 nós e unha gaza con costura.

ANEXO IV

Patrón/patroa local de pesca

1. Identificación e duración do curso que dá acceso ao título.

1.1. Denominación: patrón/patroa local de pesca.

1.2. Familia profesional: náutico-pesqueira.

1.3. Duración do curso: 250 horas.

2. Competencia xeral do título.

2.1. O patrón/patroa local de pesca, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación e exerce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.

2.2. Xestionar e executar a administración do buque, controlar e conducir a súa navegación e derrota en todas as súas condicións; organizar e executar as actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca baixo parámetros de calidade prefixados, e exercer a xefatura de máquinas, todo isto en condicións de seguranza e respectando o medio mariño e a normativa nacional e internacional establecida.

2.3. Os contidos mínimos establecidos no anexo II do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, estarán recollidos nos módulos e unidades didácticas que figuran no punto 4 deste anexo.

3. Obxectivos.

3.1. Obxectivos relativos á sección de ponte.

– Controlar a navegación e a derrota do buque en todas as condicións.

– Realizar as operacións de estabilidade, trimaxe e manobra do buque.

– Organizar e executar as actividades extractivas e de conservación do produto obtido.

3.2. Obxectivos relativos á sección común a ponte e máquinas.

– Organizar e controlar a seguranza, a asistencia sanitaria a bordo e a preservación do medio mariño.

– Realizar unha correcta administración do buque, unha axeitada aplicación das normas laborais e unhas prácticas de traballo seguras a bordo.

3.3. Obxectivos relativos á sección de máquinas.

– Realizar a condución e mantemento da planta propulsora do buque.

– Supervisar e controlar o funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguranza.

4. Módulos profesionais e unidades didácticas sobre os coñecementos teórico-prácticos.

4.1. Sección de ponte (90 horas/108 sesións).

4.1.1. Módulo profesional 1. Navegación e comunicacións (30 sesións).

– Unidade didáctica 1. Navegación costeira.

– Unidade didáctica 2. Comunicacións.

– Unidade didáctica 3. Coñecementos de oceanografía e meteoroloxía da zona.

4.1.2. Módulo profesional 2. Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes (30 sesións).

– Unidade didáctica 1. Construción naval e teoría do buque.

– Unidade didáctica 2. Estabilidade e estiba do buque.

– Unidade didáctica 3. Manobra nos buques de pesca.

– Unidade didáctica 4. Regulamentos, sinais e balizamentos.

4.1.3. Módulo profesional 3. Pesca responsable (30 sesións).

– Unidade didáctica 1. Bioloxía pesqueira.

– Unidade didáctica 2. Artes e aparellos de pesca.

– Unidade didáctica 3. Lexislación pesqueira básica autonómica, nacional e comunitaria.

– Unidade didáctica 4. Manipulación da pesca.

– Unidade didáctica 5. Conservación dos recursos pesqueiros.

4.1.4. Módulo profesional 4. Simulación e/ou prácticas a bordo dun buque de pesca (18 sesións).

– Unidade didáctica 1. Simulación en pesca e navegación.

– Unidade didáctica 2. Programa de prácticas a bordo dun buque de pesca.

4.2. Sección común a ponte e máquinas (40 horas/48 sesións).

4.2.1. Módulo profesional 1. Seguranza marítima e primeiros auxilios (24 sesións).

– Unidade didáctica 1. Seguridade marítima.

– Unidade didáctica 2. Hixiene e primeiros auxilios.

– Unidade didáctica 3. Preservación do medio mariño.

4.2.2. Módulo profesional 2. A administración do buque e a lexislación laboral (24 sesións).

– Unidade didáctica 1. A administración do buque.

– Unidade didáctica 2. Prácticas de traballo seguras a bordo.

– Unidade didáctica 3. Lexislación laboral aplicable ao sector pesqueiro.

– Unidade didáctica 4. A fatiga a bordo.

4.3. Sección máquinas (120 horas/144 sesións).

4.3.1. Módulo profesional 1. Propulsión do buque (84 sesións).

– Unidade didáctica 1. Teoría fundamental dos motores térmicos de combustión interna.

– Unidade didáctica 2. Motores empregados nos buques, partes principais e funcionamento.

– Unidade didáctica 3. Sistemas de alimentación de aire e escape.

– Unidade didáctica 4. Combustión. Combustibles.

– Unidade didáctica 5. Sistema de alimentación e inxección do combustible.

– Unidade didáctica 6. Sistema de lubricación. Lubricantes.

– Unidade didáctica 7. Sistema de refrixeración.

– Unidade didáctica 8. Condución, mantemento e avarías dos motores.

4.3.2. Módulo profesional 2. Electricidade básica (36 sesións).

– Unidade didáctica 1. Principios, circuítos e magnitudes eléctricas.

– Unidade didáctica 2. Baterías.

– Unidade didáctica 3. Servizos eléctricos: conservación e mantemento.

4.3.3. Módulo profesional 3. Servizos do buque (24 sesións).

– Unidade didáctica 1. Hidráulica básica.

– Unidade didáctica 2. Sistemas hidráulicos do buque.

5. Criterios de avaliación.

5.1. Criterios de avaliación da sección de ponte.

5.1.1. Exame teórico-práctico.

Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A. 20 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:

– 5 preguntas para regulamentos, sinais e balizamentos (3 de regulamentos e sinais e 2 de balizamentos).

– 3 preguntas para artes e aparellos.

– 2 preguntas para a unidade didáctica de bioloxía pesqueira.

– 2 preguntas para a unidade didáctica de estabilidade e estiba do buque.

– 1 pregunta para cada unha das restantes unidades didácticas.

Opción B. 40 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

– 8 preguntas da unidade didáctica de regulamentos, sinais e balizamentos (5 de regulamentos e sinais e 3 de balizamentos).

– 6 preguntas para a unidade didáctica de artes e aparellos.

– 4 preguntas para a unidade didáctica de navegación costeira.

– 4 preguntas para a unidade didáctica de bioloxía pesqueira.

– 4 preguntas para a unidade didáctica de estabilidade e estiba do buque.

– 2 preguntas para cada unha das restantes unidades didácticas.

Exame práctico: resolución dun problema de navegación sobre unha carta do estreito de Xibraltar. Realización de exercicios de armado e reparación de artes e aparellos de pesca.

5.1.2. Valoración: 4 puntos pola correcta resolución do exercicio de carta; 2 puntos pola práctica de artes e aparellos de pesca e 4 puntos polo exame teórico, dos cales 0,2 puntos corresponden a cada pregunta curta e 0,1 punto a cada pregunta tipo test.

Para superar o exame desta sección será necesario cumprir todos os criterios que se enumeran a seguir:

– Ter un mínimo de 2 puntos no exercicio de carta.

– Ter un mínimo de 1 punto na práctica de artes e aparellos.

– Responder correctamente 2 preguntas curtas de regulamentos e sinais e 1 pregunta curta de balizamentos, ou ter 3 preguntas tipo test de regulamentos e sinais e 2 preguntas tipo test de balizamentos.

– Ter como mínimo 2 puntos no exame teórico.

– Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.

Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerada como «non apta».

5.2. Criterios de avaliación da sección común a ponte e máquinas.

5.2.1. Exame teórico-práctico.

Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A. 10 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:

– 3 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.

– 3 preguntas da unidade didáctica de hixiene e primeiros auxilios.

– 1 pregunta para cada unha das restantes unidades didácticas.

Opción B. 20 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

– 6 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.

– 6 preguntas da unidade didáctica de hixiene e primeiros auxilios.

– 2 preguntas para cada unha das restantes unidades didácticas.

Exame práctico: realización dunha práctica de primeiros auxilios. Recoñecemento e uso dalgún dispositivo individual ou colectivo de seguridade.

5.2.2. Valoración: 4 puntos pola resolución práctica e 6 puntos polo exame teórico, dos cales 0,6 puntos corresponden a cada pregunta curta e 0,3 puntos a cada pregunta tipo test.

Para superar o exame desta sección será necesario cumprir todos os criterios que se enumeran a seguir:

– Ter como mínimo 1 punto na práctica de primeiros auxilios.

– Ter como mínimo 1 punto na práctica de seguranza marítima.

– Ter como mínimo 3 puntos no exame teórico.

– Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.

Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerada como «non apta».

5.3. Criterios de avaliación da sección de máquinas.

5.3.1. Exame teórico-práctico.

Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A. 20 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:

– 10 preguntas correspondentes ao módulo 1.

– 6 preguntas correspondentes ao módulo 2.

– 4 preguntas correspondentes ao módulo 3.

Opción B. 50 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

– 30 preguntas correspondentes ao módulo 1.

– 12 preguntas correspondentes ao módulo 2.

– 8 preguntas correspondentes ao módulo 3.

Exame práctico: resolución de diversos supostos prácticos de acordo co programa establecido.

5.3.2. Valoración. Para superar o exame desta sección, o alumnado terá que responder correctamente 10 preguntas, das cales 5 terán que ser do módulo 1.

No suposto de acollerse á opción B, para aprobar o exame o alumnado terá que responder correctamente un 70 % das preguntas tipo test.

A persoa aspirante é apta cando supere os dous exames teórico-prácticos.

ANEXO V

Patrón/patroa costeiro/a polivalente

1. Identificación e duración do curso que dá acceso ao título.

1.1. Denominación: patrón/patroa costeiro/a polivalente.

1.2. Familia profesional: náutico-pesqueira.

1.3. Duración do curso: 600 horas.

2. Competencia xeral do título.

2.1. O patrón/patroa costeiro/a polivalente, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación e exerce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.

2.2. Xestionar e executar a administración do buque; controlar e conducir a súa navegación e derrota en todas as súas condicións; organizar e executar as actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca baixo parámetros de calidade prefixados, e exercer a xefatura de máquinas, todo isto en condicións de seguranza e respectando o medio mariño e a normativa nacional e internacional establecida.

2.3. Os contidos mínimos establecidos no anexo I do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, estarán recollidos nos módulos e unidades didácticas que figuran no punto 4 deste anexo.

3. Obxectivos.

3.1. Obxectivos relativos á sección de ponte.

– Controlar a navegación e a derrota do buque en todas as condicións.

– Realizar as operacións de estabilidade, trimaxe e manobra do buque.

– Organizar e executar as actividades extractivas e de conservación do produto obtido.

– Organizar e controlar a seguranza, a supervivencia, a asistencia sanitaria a bordo e a preservación do medio mariño.

– Realizar unha correcta administración do buque, unha axeitada aplicación das normas laborais e unhas prácticas de traballo seguras a bordo.

– Comprender a información específica e profesional das mensaxes orais e escritas en lingua inglesa relativas ás diversas situacións de comunicación emitidas directamente por falantes ou por medios de comunicación.

3.2. Obxectivos relativos á sección de máquinas.

– Realizar a condución e mantemento da planta propulsora do buque.

– Supervisar e controlar o funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguranza.

– Controlar o funcionamento e o mantemento de equipamentos hidráulicos e sistemas auxiliares (servizos).

4. Módulos profesionais e unidades didácticas sobre os coñecementos teórico-prácticos

4.1. Sección de ponte (350 horas/420 sesións).

4.1.1. Módulo profesional 1. Navegación e comunicacións (80 sesións).

– Unidade didáctica 1. Navegación costeira.

– Unidade didáctica 2. Navegación con radar.

– Unidade didáctica 3. Servizo de garda.

– Unidade didáctica 4. Sistemas electrónicos de determinación da situación e da navegación.

– Unidade didáctica 5. As comunicacións a bordo. Procedementos radiotelefónicos.

– Unidade didáctica 6. Busca e salvamento (Mersar).

4.1.2. Módulo profesional 2. Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes (60 sesións).

– Unidade didáctica 1. Construción naval e teoría do buque.

– Unidade didáctica 2. Estabilidade e construción do buque pesqueiro.

– Unidade didáctica 3. Manobra e goberno dos buques pesqueiros.

– Unidade didáctica 4. Regulamentos para previr as abordaxes e balizamento internacional.

4.1.3. Módulo profesional 3. Pesca responsable (80 sesións).

– Unidade didáctica 1. Bioloxía pesqueira.

– Unidade didáctica 2. Pesca marítima. Artes e aparellos de pesca.

– Unidade didáctica 3. Lexislación marítimo-pesqueira e administración do buque.

– Unidade didáctica 4. Manipulación e estiba das capturas.

4.1.4. Módulo profesional 4. Meteoroloxía e oceanografía (20 sesións).

– Unidade didáctica 1. Meteoroloxía.

– Unidade didáctica 2. Oceanografía.

4.1.5. Módulo profesional 5. Seguranza marítima e preservación do medio mariño (60 sesións).

– Unidade didáctica 1. Seguranza marítima.

– Unidade didáctica 2. Hixiene e primeiros auxilios.

– Unidade didáctica 3. Preservación do medio mariño.

4.1.6. Módulo profesional 6. A seguranza e lexislación marítima laboral (40 sesións).

– Unidade didáctica 1. Prácticas de traballo seguras a bordo.

– Unidade didáctica 2. Lexislación marítima laboral.

– Unidade didáctica 3. A fatiga a bordo.

4.1.7. Módulo profesional 7. Nocións de inglés técnico (20 sesións).

4.1.8. Módulo profesional 8. Simulación e prácticas a bordo dun buque de pesca (60 sesións).

– Unidade didáctica 1. Simulación en radar e ARPA.

– Unidade didáctica 2. Simulación en sistemas electrónicos (navegación e pesca).

– Unidade didáctica 3. Programa de prácticas a bordo dun buque de pesca.

4.1.9. Métodos de demostración da competencia.

– A competencia en materia de navegación demostrarase comprobando a destreza na toma de demoras e a aptitude para determinar o rumbo, a situación e as demoras.

– A proba para a competencia no uso do radar deberá efectuarse con simuladores de radar ou, na súa falta, con rosas de manobra.

– A competencia práctica sobre o regulamento para previr abordaxes farase usando un simulador de navegación ou, na súa falta, empregando pequenos modelos que demostren sinais ou luces.

4.2. Sección máquinas (250 horas/300 sesións).

4.2.1. Módulo profesional 1. Propulsión do buque (120 sesións).

– Unidade didáctica 1. Teoría fundamental dos motores térmicos de combustión interna.

– Unidade didáctica 2. O motor diésel de catro tempos.

– Unidade didáctica 3. Potencias, rendementos e consumos.

– Unidade didáctica 4. Estudo e verificación dos compoñentes do motor.

– Unidade didáctica 5. Sistemas de alimentación de aire e escape.

– Unidade didáctica 6. Combustión. Combustibles.

– Unidade didáctica 7. Sistema de alimentación e inxección do combustible.

– Unidade didáctica 8. Sistema de lubricación. Lubricantes.

– Unidade didáctica 9. Sistema de refrixeración.

– Unidade didáctica 10. Arranque. Liña de eixes. Motores reversibles.

– Unidade didáctica 11. Instrumentos de medida local e remota.

– Unidade didáctica 12. Condución, mantemento e avarías dos motores diésel.

4.2.2. Módulo profesional 2. Electricidade (60 sesións).

– Unidade didáctica 1. Principios, circuítos e magnitudes eléctricas.

– Unidade didáctica 2. Baterías.

– Unidade didáctica 3. Circuíto de carga. Alternador.

– Unidade didáctica 4. Circuíto de arranque. Motor de arranque.

– Unidade didáctica 5. Cadros eléctricos.

4.2.3. Módulo profesional 3. Servizos do buque (60 sesións).

– Unidade didáctica 1. Hidráulica e pneumática básica.

– Unidade didáctica 2. Sistemas hidráulicos do buque.

– Unidade didáctica 3. Servizo de achique, baldeo e contra incendios.

4.2.4. Módulo profesional 4. Tecnoloxía mecánica. Taller (60 sesións).

– Unidade didáctica 1. Recoñecemento e uso de ferramentas. Metroloxía.

– Unidade didáctica 2. Procedemento manual de soldadura por arco eléctrico.

– Unidade didáctica 3. Desmontaxe e montaxe dun motor diésel completo.

– Unidade didáctica 4. Cambio de aceite e filtros do motor.

– Unidade didáctica 5. Regraxe de válvulas e comprobación da posta a punto.

– Unidade didáctica 6. Esmerilaxe de válvulas.

– Unidade didáctica 7. Timbraxe dun inxector sobre bomba de probas.

– Unidade didáctica 8. Preparación do motor para o arranque e para realizar unha travesía.

– Unidade didáctica 9. Utilización do polímetro.

– Unidade didáctica 10. Acoplamento e verificación do estado de carga de baterías.

– Unidade didáctica 11. Verificación do sistema de carga e arranque.

– Unidade didáctica 12. Montaxe dun circuíto hidráulico e pneumático.

– Unidade didáctica 13. Cambio de retén dunha bomba centrífuga.

– Unidade didáctica 14. Seguranza e prevención de riscos no manexo da maquinaria a bordo.

5. Criterios de avaliación.

5.1. Criterios de avaliación para a sección de ponte.

5.1.1. Exame teórico-práctico.

Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A. 30 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:

– 5 preguntas para regulamentos, sinais e balizamentos: 3 de regulamentos e sinais e 2 de balizamentos.

– 3 preguntas da unidade didáctica de artes e aparellos.

– 3 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.

– 2 preguntas da unidade didáctica de bioloxía pesqueira.

– 2 preguntas da unidade didáctica de estabilidade e construción do buque pesqueiro.

– 1 pregunta das unidades didácticas 1, 2, 3 e 4 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.

– 1 pregunta das unidades didácticas 5 e 6 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.

– 2 preguntas do módulo de nocións de inglés técnico.

– 1 pregunta para cada unha das restantes unidades didácticas.

Opción B. 60 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

– 10 preguntas para regulamentos, sinais e balizamentos: 6 de regulamentos e sinais e 4 de balizamentos.

– 6 preguntas da unidade didáctica de artes e aparellos.

– 6 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.

– 2 preguntas da unidade didáctica de bioloxía pesqueira.

– 2 preguntas da unidade didáctica de estabilidade e construción do buque pesqueiro.

– 2 preguntas das unidades didácticas 1, 2, 3 e 4 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.

– 2 preguntas das unidades didácticas 5 e 6 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.

– 4 preguntas do módulo de nocións de inglés técnico.

– 2 preguntas para cada unha das restantes unidades didácticas.

Exame práctico: resolución dun problema de navegación sobre unha carta do estreito de Xibraltar. Realización de exercicios de armado e reparación de artes e aparellos de pesca. Realización dunha práctica de primeiros auxilios. Recoñecemento e uso dalgún dispositivo individual ou colectivo de seguridade.

5.1.2. Valoración: 2 puntos pola correcta resolución do exercicio de carta; 2 puntos pola práctica de artes e aparellos de pesca; 1 punto pola práctica de seguranza marítima; 1 punto pola práctica de primeiros auxilios e 4 puntos polo exame teórico.

É necesario cumprir todos os requisitos que se nomean a seguir para superar a sección:

– Ter como mínimo 1 punto no exercicio de carta.

– Ter como mínimo 1 punto na práctica de artes e aparellos.

– Ter como mínimo 0,5 puntos na práctica de primeiros auxilios.

– Ter como mínimo 0,5 puntos na práctica de seguranza marítima.

– Responder correctamente 2 preguntas curtas de regulamentos e sinais e 1 pregunta curta de balizamento, ou 4 preguntas tipo test de regulamentos e sinais e 2 preguntas tipo test de balizamentos.

– Ter como mínimo 2 puntos no exame teórico.

– Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.

Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerada como «non apta».

5.2. Criterios de avaliación para a sección de máquinas.

5.2.1. Exame teórico-práctico.

Exame teórico: constará de 30 preguntas curtas, resolución de circuítos e cálculos, que se repartirán da seguinte maneira:

– 16 preguntas correspondentes ao módulo 1.

– 7 preguntas correspondentes ao módulo 2.

– 7 preguntas correspondentes ao módulo 3.

Exame práctico: resolución de tres supostos prácticos, a razón dun suposto práctico por módulo. Tempo máximo para cada módulo 15 minutos.

5.2.2. Valoración: para superar o exame teórico, o alumnado deberá responder correctamente un mínimo de 15 preguntas, que son as seguintes:

– Un mínimo de 8 preguntas do módulo 1.

– Un mínimo de 4 preguntas do módulo 2.

– Un mínimo de 3 preguntas do módulo 3.

Para superar o exame práctico o alumnado deberá obter un mínimo de 5 puntos en cada un dos tres módulos prácticos. A puntuación destes módulos estará comprendida entre 0 e 10 puntos.

Para aprobar o exame, o alumnado deberá superar tanto o exame teórico como o práctico.