De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no procedemento de modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria iniciado por Bander Residuos, S.L., para a ampliación e adaptación do vertedoiro de residuos de construción e demolición en Campomarzo, no concello de Silleda (Pontevedra).
A comparecencia para coñecer o contido íntegro de dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
María José Echeverría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
2021-IPPC-M-103 |
M. Jesús Silva Penas |
Notificación da resolución pola que se pon fin ao procedemento de modificación substancial |
|
2021-IPPC-M-103 |
María Flor Rodríguez Ouzande |
Notificación da resolución pola que se pon fin ao procedemento de modificación substancial |
|
2021-IPPC-M-103 |
Carmen Florinda de la Torre Gambino |
Notificación da resolución pola que se pon fin ao procedemento de modificación substancial |
