De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio son emprazadas, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou logo do seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que lle será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 29 de maio de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2025/1649-1 |
32425453F |
Citación para o recoñecemento |
12.5.2026 |
|
2024/5248-1 |
79355194L |
Citación para o recoñecemento |
7.5.2026 |
|
2025/1747-1 |
76348393P |
Citación para o recoñecemento |
12.5.2026 |
|
2025/4055-1 |
33330726T |
Citación para o recoñecemento |
15.5.2026 |
