Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Ampliación de potencia do CT Devesa de Arriba (36AH28).
Situación: Forcarei.
Descricións técnicas:
– Retirada do centro de transformación intemperie Devesa de Arriba (36AH28) de 25 kVA situado no apoio AJ32NW5T//177-1CT.
– Substitución do apoio AJ32NW5T//177-1CT, situado na parcela con referencia catastral 36018A097002240000XQ, por un apoio C-2000/12, no cal se instala un centro de transformación intemperie de 50 kVA, con relación de transformación 20.000/400 V, que estará conectado á liña de media tensión aérea (LMTA) SJG804, no tramo SJG8047418.
– Retensado do tramo SJG8047418 con condutor LA-56.
– A instalación está situada no lugar de Devesa de Arriba, na parroquia de Santa María de Presqueiras, no concello de Forcarei (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 15 de maio de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/051-4.
Denominación: Ampliación de potencia do CT Devesa de Arriba (36AH28).
Concello: Forcarei.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Ocupación temporal (m²) |
||||||
|
Apoio |
m² |
||||||
|
1 |
Lg. Devesa Arriba-Sta. Mariña, Súa Leira |
Urbano. Solo sen edificar |
36018A097002240000XQ |
José Pérez Pérez María |
1 |
1,21 |
98 |
