Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Substitución CT Madres Benedictinas (36CC81).
Situación: Redondela.
Descricións técnicas:
– Desmonte do centro de transformación existente Madres Benedictinas (36CC81) de 250 kVA, desmonte do apoio A1WU8V7X, así como da protección XS situada neste e da súa liña de media tensión aérea (LMTA) de 6 m de condutor LA-30, e desmonte da liña de media tensión subterránea (LMTS) de 19 m en condutor RHV-12/20 AL 1X70, entre o PAS do apoio A1WU8V7X e o propio CT para desmontar.
– Instalación dun novo centro de transformación compacto manobra exterior 2L+1P telecontrolado de 250 kVA, con relación de transformación 15.000/400 V, situado nas parcelas con referencia catastral 36045A051021120000WF e 36045A051021110000WT.
– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), de 42 metros de lonxitude, coa orixe e final no apoio existente A201VD1H da liña de media tensión RED714 Rande-Cidadelle, núm. 14, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.
A instalación está situada no lugar da Igrexa, na parroquia de Trasmañó, no concello de Redondela (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 19 de maio de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/109-4.
Denominación: Substitución CT Madres Benedictinas (36CC81).
Concello: Redondela.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m²) |
ml sub. |
m² sub. |
|||||
|
1 |
Campo Redondo, Redondela |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío |
36045A051021120000WF |
Arturo Humberto Pereira Lorenzo |
4,5 |
1,2 |
2,1 |
|
2 |
Campo Redondo, Redondela |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío |
36045A051021110000WT |
Joaquín Álvarez Alonso |
18,8 |
4,4 |
11,1 |
